Image
O vindeiro luns, 11 de febreiro Santa Comba acollerá a celebración dun pleno extraordinario, desde as 20:30h, no Multiusos xalleiro. A convocatoria é para tratar un asunto tan importante como son as contas para o presente ano 2.008. Nesta ocasión ascenderán a 7,5 millóns de euros. O debate orzamentario ocupa a atención política, no medio de continuos rumores e diferentes datos que falan dunha posible moción de censura.

O rumor máis forte fala dunha coalición entre os independentes  Miguel Pérez , José Pose e o Partido Popular. Por este motivo será un bó momento para observar as distintas intervencións e posturas políticas na sesión plenaria do próximo luns. Tamén para ver o posicionamento no debate da actual portavoz, María José Ares Casal, moi crítica cun posible entendemento con IXSC. E non deixarán de ter valor as palabras de José Antonio Ucha(PSOE), Miguel Pérez(IXSC), ou de Eugenio Pichel (Texa). Un tema fundamental e de máximo interese como son os orzamentos, no medio dunha forte marexada que ameaza o peirao gubernamental.