Sonia Pazos, representante da Terra do Xallas no concurso televisivo “Son de Estrelas”, enfróntase a unha semana decisiva, porque estamos a piques de que dous participantes sexan eliminados, e a artista de Santa Comba, necesita do noso apoio. En Anosacosta.com estamos preparando un artigo sobre ela, que se publicará esta fin de semana, pero para non perder tempo pedimos ós nosos lectores  que voten por Sonia, para que poida continuar facendo realidade este soño.

 

 

Para apoiar a Sonia Pazos, podes enviar un sms:

FAVORITO SONIAP ó número 7788

(Lémbrate de deixar un espazo entre FAVORITO e SONIAP

Ou tamén entrando na web www.sondestrelas.com. Tamén se pode facer por teléfono. Intentaremos poñer o número tan pronto nos sexa posible. A ver se entre todos facemos posible que non sexa unha das personas eliminadas.Aproveitamos para desexarvos uns felices días de Semana Santa a tod@s.

SORTE SONIA, ESTAMOS CONTIGO.