SANTA COMBA PODE TER ORZAMENTOS ESTE MES

Por o 8 mayo, 2008

Image

O alcalde independente Miguel Pérez Fernández e os socios de goberno do Partido Popular, pretenden que as contas sexan aprobadas neste mesmo mes de maio.Segundo poido saber anosacosta, o documento está moi avanzado e mediante a austeridade pretende avanzar no saneamento económico do concello.

De feito,  Miguel Pérez xa mantivo un encontro co portavoz socialista, José Antonio Ucha Velo, e con outros membros da coproración municipal, nunha rolda con tódolos voceiros municipais e cos edís non adscritos. Para a vindeira semana podería celebrarse a Comisión Informativa de Contas, previa o pleno onde se debatirán os orzamentos.

Independentes e Populares creen fundamental que Santa Comba conte cun orzamento canto antes. A anterior proposta, no goberno de José Antonio Ucha non saiu adiante. Lembremos que PSOE, Partido Popular e Independentes, ou sexa o goberno e unha parte importante da oposición optaron pola abstención. Terras de Xallas votou en contra o orzamento non foi aprobado. Agora o novo goberno conta con maioría absoluta para que o presuposto vexa a luz verde este mesmo mes.

 

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login