Image
O líder de Terras de Xallas, Eugenio Pichel analizou hoxe a actualidade,comenzando polo malestar que existe en San Salvador polo parque eólico.Pero tamén tivo tempo en asegurar que non interesa que os plenos se leven doutro xeito. Segundo Pichel,moitas propostas de Ucha son "un auténtico esperpento". E o PP lle interesa que se fale de temas que non teñan nada que ver con Santa Comba.

Eugenio Pichel denunciou o estado da ponte de San Salvador que "está coas travesas desaparecidas. A ponte está aguantando ata que calqueira día caia e todos nos lamentemos". Ademáis trasmitiu a queixa veciñal sobre o tránsito masivo de camións e que se incrementan cos traballos de construcción do parque eólico de Fontesilva.

"Os veciños non vamos a tolerar ese tipo de incomodidades- afirma Pichel- porque cada día temos máis camións e vivimos unha situación grave". Non obstante, comentou que xa se mantiveran contactos co alcalde, Miguel Pérez Fernández, e en principio, "Miguel en todo momento se mostrou interesado no tema e con ánimo de querer buscar unha solución".

No último pleno, TEXA propuxo a creación dunha comisión de seguimento das obras das instalacións eólicas. Nos vindeiros días, unha representación parroquial manterá un encontro con representantes da empresa.

Image

Os Plenos

Pichel López tamén insiste en que os plenos de Santa Comba son demasiado longos e que neles se debaten cuestións que non afectan os cidadáns xalleiros.

"Non me farán caso porque non lle interesa a ningunhas das partes" asegura. Por un lado moitas das mocións que presentan os socialistas.

"O Sr. Ucha vénnos cunha serie de propostas para arreglar a fame no mundo e a Unión Europea, que non veñen a conto".

Eugenio defende que se debatan os temas que interesan a Santa Comba e califica de "auténtico esperpento" a maioría das mocións presentadas por Ucha Velo, tanto pola súa esencia como pola súa cantidade. Pero ó mesmo tempo, opina que o goberno local lle interesa que se debatan este tipo de cuestións:

"O Sr. Miguel incha o peito e pídelle que leas as mocións completas para falar destas cousas que non interesan a ninguén. O PP dí que esas mocións son estupideces pero o final votan a favor"

"Non foi posible o cambio en Santa Comba"

O voceiro de Terras de Xallas cree que o concello segue o mesmo camiño de sempre. E lamenta que non fora posible un cambio político real:

"Cando puxemos a Ucha, eu intentei facer un cambio, pero botoume a calle. Non lle interesou. El sabrá ben porqué" .

Por último non percibe diferencias entre José Toja e Miguel Pérez e está convencido de que dentro do bipartito escóndense historias inconfesables.

"Cando fixeron esta moción de censura eu non estaba dacordo pero ofrecinme a colaborar para facer cousas polo pobo pero non quixeron contar conmigo.

Eles encerráronse en sí mesmos. Aquí escóndense moitas cousas e historias inconfesables. Más do mesmo.Non vexo diferencia entre Toja e Miguel Pérez"