Image
A responsable de cultura da Deputación provincial, Caridad González, inaugurou a exposición “A indumentaria tradicional galega” en Santa Comba, acompañada do alcalde xalleiro Miguel Pérez.

A mostra “A indumentaria tradicional galega. O traxe de Muros” estará aberta no edificio Multiusos xalleiro ata fin de mes. Este venres era inaugurada  a mostra en Santa Comba pola deputada responsable da área de cultura, a socialista Caridad González Cerviño. Estivo acompañada na presentación polo rexedor local, Miguel Pérez Fernández e polo edil de cultura, Javier Facal Calvo.

Image            Image

Gónzalez Cerviño comentou que a intención da Deputación era levar a súa “grande oferta cultural ós pobos”, e destacou o éxito que estaba acadando esta exposición. Pola súa banda, o alcalde, Miguel Pérez Fernández destacou a calidade da exposición e convidou a tódolos xalleiros a visita-la porque “a través da indumentaria se dí moito da forma de ser dun pobo”. Pérez manifestou que esta mostra faría recordar os máis vellos e acercaría o coñecemento da tradición ós máis novos.

Image          Image

“En Santa Comba temos as ideas claras e queremos contribuir a difusión da cultura” engadiu Miguel Pérez. No acto de inauguración tamén estaba presente o segundo teniente de alcalde, Jacobo Amarelle Barreiro(PP), e os concelleiros socialistas José Antonio Ucha Velo e Angel Souto Mata., ademáis de veciños e membros da asociación “Ximiela”, que promoveu esta interesante iniciativa.