Empresarios Xallas

Empresarios Xallas

A asociación de empresarios de Santa Comba quere impulsar a creación dun Centro Comercial Aberto na localidade. Onte mantiñan unha reunión cun grupo de asociados para presentarlles un estudio de viabilidade realizado pola empresa Isonor Quality.

Na xuntanza estiveron presentes o concelleiro de Comercio, Jacobo Amarelle Barreiro(PP), o Presidente da patronal xalleira, Antonio Landeira, membros da súa xunta directiva, socios e o técnico da empresa Isonor Quality, Valeriano Anido. Este último presentou un estudio de viabilidade sobre o posible CCA xalleiro, que en resumo avala e aconsella levar adiante esta iniciativa.  O estudio contou co apoio económico da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, que tamén permitiu deseñar a imaxer corporativa da acción.

Image

Antonio Landeira percibiu “bastante interese, inquietude e datos moi relevantes”. Agora queren ir concretando os pasos a seguir. E tamén traballan noutras accións. O vindeiro venres está prevista unha nova xuntanza, neste caso para estudiar a necesidade de ampliar o Polígono Industrial.
Image