Ucha nun mitin do PSOE.

Ucha nun mitin do PSOE.

O portavoz municipal do PSOE de Santa Comba trasladou a súa disposición a manter próximamente un debate sobre a situación do concello en Punto Radio Noroeste-Radio Líder, xunto cos demáis representantes políticos.

José Antonio Ucha Velo está disposto e quere debatir cos representantes das demáis forzas políticas de Santa Comba, se eles queren e cando o estimen oportuno. A dirección da emisora amosou a súa conformidade coa proposta do socialista Ucha, e agora restaría coñecer a opinión dos outros voceiros municipais, para que se acordaran as condicións e se buscara a data axeitada.

Por outra banda a Presidenta da asociación de veciños de Santa Comba presentou un escrito no rexistro municipal, por mor da necesidade de pintado dos pasos de peóns que desapareceron froito dos traballos realizados na estrada, na zona de Santa Catalina. Carmen Gómez Méndez pide ó alcalde que se ordene os membros da Policia Local controlar o tránsito de personas nas horas punta mentres non se pinten os citados pasos.

Desde o concello de Santa Comba veñen de informarnos nun cambio na data da Feiral Multisectorial que será o 5,6, e 7 de xuño.