Image

Os productores de leite de Xallas, Bergantiños e a Costa da Morte, o igual que os seus camaradas no resto do país, están ameazados pola crise, a competencia desleal das importacións masivas e a pasividade do goberno español. E o 16 de abril manifestaránse en Madrid.

Por estes e outros  motivos, e apoiados polos sindicatos UUAA, XXAA,  SLG, e as cooperativas galegas, os agrogandeiros van a acudir o vindeiro 16 de abril a unha manifestación na capital de España. O líder de Unións Agrarias advirte de que moitas explotacións están condenadas ó peche e que xa se están vivindo “auténticos dramas humanos”.Creen que chegou o momento de que se ofrezan solucións ou o sector estará definitivamente condenado a morte.

Image

Desde as entidades convocantes fletarán autobuses  para a mobilización e piden as personas que queiran participar na mesma, que se inscriban nas diferentes organizacións, para poder levar dunha forma máis coordinada dita acción.