Carlos Negreira denunciou a marxinación de máis de 1.700 explotacións gandeiras de Xallas, Bergantiños, Soneira, Santiago e Barcala, dunhas axudas da Unión Europea.
O Presidente provincial do PP e deputado Carlos Negreira visitou A Picota-Mazaricos, acompañado das parlamentarias Paula Prado e Marisol Piñeiro, e do alcalde local, José Manuel Santos Maneiro, onde mantivo un encontro con gandeiros da bisbarra.
Os dirixentes do PP denuncian que máis de 1.700 explotacións gandeiras nas comarcas de Xallas, Bergantiños, Terras de Soneira, Santiago e a Barcala, alcanzando en toda a provincia da Coruña as 2.600 Concretamente, Carlos Negreira informou que as explotacións afectadas quedarán fóra da nova liña de axudas da UE, xa que non están dentro das zonas “marcadas polo Goberno Central como desfavorecidas polo despoboamento ou por ser de alta montaña”.
O representante popular recalcou que das 12.000 granxas que hai en Galicia, quedan excluídas 2.870 explotacións de leite na Comunidade Autónoma de Galicia (un 25%), e desas, 2.603 corresponden á provincia da Coruña, case o 90% do total. Concretamente, nesta provincia existen 5.735 explotacións, e quedaron sen axudas 2.603, e desas máis de 1.700 corresponden as comarcas de Xallas, Bergantiños, Terras de Soneira, Santiago e a Barcala.
OS DATOS DE EXPLOTACIÓNS AFECTADAS SON:
Santa Comba: 424
Mazaricos: 326
Negreira: 148
Zas: 148
Vimianzo: 139
A Laracha: 112
A Baña: 119
Muxía: 105
Dumbría: 82
Carballo: 73
Rois: 80
Negreira cualificou d
e “inaudito” que o Ministerio de Medio Ambiente, borrase do mapa de inversións e axudas a miles de explotacións gandeiras da Coruña sen dar ningunha explicación. O representante autonómico salientou que esta decisión, no momento de crise económica que se está a vivir en España, supón “apremar aínda máis o pescozo” a miles de explotacións gandeiras, que están ao borde do peche, por unha decisión arbitraria e aleatoria do Goberno Central de NON incluír a estas explotacións no reparto das axudas, para aforrar uns euros, “porque aínda que se trata dunha axuda puntual, nun momento de dificultades económicas como o que se está a vivir nestes momentos calquera subvención denegada prexudica seriamente aos gandeiros”.
APOIO AO SECTOR DA XUNTA
O Presidente Provincial lembrou que o goberno galego ten aportado achegas para o sector lácteo no seu conxunto, independentemente das zonas, en distintos momentos e en concreto na Orde de 22 de febreiro no título II sobre axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras, contempla varias axudas agroambientais ás que se poden acoller as explotacións leiteiras e en concreto axudas para a utilización racional dos recursos forraxeiros da explotación con primas específicas para sistemas extensivos de producción de leite (112 €/Ha) ou primas para a utilización de sistemas de pastoreo en vacún de leite (218 €/Ha). Dos 12 MILLÓNS de euros destinados a esta medida, aproximadamente, 4 MILLÓNS foron para o sector lácteo.
O Deputado Autonómico tamén fixo fincapé no
Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada, co que se pretende revalorizar as gandeiras galegas que traballan para ofrecer ao consumidor un producto de alta calidade e que, tal e como explicou Negreira, é o primeiro paso para a creación da ‘logomarca’ que diferenciará os leites galegos 100% e que a Xunta está a traballar de maneira decidida para que estea nos bricks de leite dos supermercados antes do verán.