DSC_0319

Un pleno longo, con moito público, pero con mellor talante nas intervencións.

 

 

 

O pleno ordinario tivo outros asuntos. Continuou coa súa dinámica de extensión e temas reiterativos, pero baixou o listón da crispación e houbo un pouco máis de orde. Nos decretos, Blanca Ruzo e María José Ares criticaron a xestión de Matilde Calvo a fronte dos Servizos Sociais. Ruzo chegou a dicir que unha empresa, Senes, se “faí de ouro en Santa Comba” e falou dunha “adxudicación a dedo” deste departamento que debería poñerse en coñecemento da Fiscalía. E Ares insistiu nos contratos a favor de Ágora Aberta e Senes. Matilde Calvo interviu para calificar de “auténtica tontería” o ataque de Ruzo e acusou a oposición de “ser os primeiros de generar crispación”. Entre os gastos figuran 1.594 euros para un spot publicitario.

 

 

 

DSC_0300

 

 

 

A corporación elixiu coma festivos locais o 29 e 30 de xuño, aínda que Dolores Calvo lamentou que non se houbera consultado cos empresarios. Cos votos de PP e IXSC e en contra da oposición aprobouse resolver varias alegacións contra o regulamento da Escola Infantil. Para Ucha Velo isto é unha mostra “ de que o regulamento non foi consensuado coa oposición”.

 

 

 

Por maioría absoluta aprobouse a delegación dunhas competencias tributarias na Deputación e un proxecto complementario para a Depuradora de Santa Comba, que conta cun orzamento de 536.000 euros. PP e IXSC defenderon a necesidade dos cambios no proxecto primitivo e destacaron que a Xunta asume a financiación e María José Ares lembrou “que es un proyecto del gobierno anterior”.

 

 

 

No turno de rogos e preguntas, Eugenio Pichel aproveitou para referirse as declaracións de José Toja, o que lle concedeu a responsabilidade de poñer a Miguel Pérez de alcalde e “xa puxo o siguiente cabeza para as próximas eleccións” en relación a Antonio Landeira, que estaba presente na sala.

 

O socialista Ucha Velo tocou tres temas. Ante comentarios xurdidos noutra sesión sobre os alquileres de pisos da Guardia Civil dixo que “A Guardia Civil recibe o que lle corresponde”. Tamén puxo en dúbida o carácter da pelegrinaxe que organiza o concello porque “agora non procede e xa se fixo desde o Arciprestazgo”. Para Ucha o que pretende o concello “é unha folclorada”. Por último o vocal do PSOE interesouse por unha obra asentada en zona de protección oficial en O Busto, e que xa está denunciada.

 

 

 

DSC_0313

 

 

 

 

 

Julio Ferreiro fiscalizou a laboura do concelleiro Javier Facal Calvo. Preguntoulle se era certo o comentario de que lle ofrecera 30.000 euros de axuda o Xallas C.F. Facal negouno categóricamente:” Xa lle digo ahora que non”. Pero Ferreiro non semellou quedar convencido.

 

Puxo en falta que non houbera ningún representante municipal na final do Torneo de Tenis dos Milagros e que este se celebrara unha vez rematada a festa. Ferreiro Pazos citou unha subvención da Deputación perdida polo concello e a promesa dunha pista deportiva o aire libre que aínda non se executara.

 

María José Ares Casal volveu a denunciar que a lavandería e o comedor sobre rodas non funcionen, e criticou que a concellería de Servizos Sociais asuma cuestións da área de Cultura como a organización dunha obra de teatro.