CANDIDATURA PSOE 22M

Queren presentar a súa candidatura no Multiusos.

A Agrupación do PSOE de Santa Comba expresou o seu malestar polo trato recibido por parte do goberno local, con respecto a súa petición  de cesión do Multiusos xalleiro para presentar a lista que encabeza José Antonio Ucha Velo.

Desde o PSOE aseguran que propuxeron tres datas distintas, e que desde o concello lles comunicaron que tiñan dúbidas e deberían consultar coa Xunta Electoral. Denuncian o trato “discriminatorio e arbitrario por parte do goberno de Miguel Pérez”.
Os socialistas critican que o goberno local pretende retrasar a petición do seu grupo “con excusas infundadas, co fín de impedir unha planificación ordeada do acto de presentación da candidatura”.
“Este goberno municipal debería de deixar a un lado as marrullerías ás que nos tén acostumados e aplicarse a sí mesmo o rigor de procedemento que lle está a esixir ós demáis” indican desde o PSOE.
Xunto con esta queixa tamén nos achegaron a foto que agora publicamos da candidatura as vindeiras eleccións. En breve, agardamos poder publicar a relación dos nomes completos. O que parece que é evidente é que na nova estructura socialista gaña peso Miguel Caamaño Espasandín, que terá un posto destacado na candidatura e que ademáis exerce como secretario de Comunicación. Caamaño pasa por ser un dos “homes importantes” do equipo de Ucha Velo.