equipamentos17_20071022_1969867141

O edificio estaba inusualmente pechado o sábado pola mañán.

Este sábado pola mañán o concello de Santa Comba estaba pechado. Foi o alcalde, Antonio Landeira o que se encontrou coa sorpresa a ante a ausencia da persoa de garda que non asistiu a atender as dependencias, tivo que estar o mandatario a frente do despacho xeral.

Ante os rumores que circularon pola rede e a unha chamada que recibimos, desde Anosacosta puxémonos en contacto co alcalde que confirmou a situación, que se encontrou. As oficinas pechadas que el mesmo tivo que abrir.

 

«Considero que se trata dun feito grave e imos a abrir unha investigacion para coñecer o sucedido e tomar medidas» adiantou Landeira, que insistiu en que as responsabilidades estan para asumilas e que «todos temos que cumprir coas nosas obrigas e os servizos municipais son unha cousa moi seria».

 

Na pasada lexislatura douse unha circunstancia semellante, tamén un sábado. Pero non houbo ningunha acción que traslocira públicamente por parte do goberno de entón.