image

Entrevista exclusiva co profesor José Balsa Barreiro en Anosacosta.

Entrevistamos ao Doutor en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade de Compostela,  José Balsa Barreiro. Agradecemos a súa colaboración que fixo posible esta reportaxe.

 

P-No recente traballo que vimos de coñecer vostede aposta por un plan estratéxico que aporta varias claves.Unha delas soa as comunicacións. Aquí volve ao candeleiro a demanda histórica dunha nova estrada que nos comunique con Santiago. ¿E algo que terá que dar pasos inmediatos senón queremos perder o tren do progreso non crees?

R- O contexto económico actual replantexa o modelo de desenvolvemento a as súas prioridades. Hai una serie de razóns que inducen a pensar en que non haberá una nova estrada con Santiago: Santa Comba ten una base económica pequena e tradicional, a proposta de explotación turística da Costa da Morte está prácticamente paralizada, as administracións adoptan fortes políticas de austeridade, Europa xa non outorga fondos de cohesión, etc. Ademáis está a connotación ética de facer unha grande inversión deste tipo, cando se están a aplicar recortes masivos en servizos básicos.

 

P-Pero no seu traballo tamén alerta da necesidade de mellorar as vías de competencia municipal.

R- Un dos principios políticos máis claros é o da cohesión territorial. É moi importante que un territorio non presente grandes desequilibrios porque iso induce a problemas. Isto é algo que todos asumimos en teoría, pero non somos conscientes da súa magnitude real. Sirva de exemplo o problema dos lumes forestais en Galicia, cuio orixe está no conflicto (e desequilibrio) entre os mundos urbán e rural, que se confrontan con dúas visións antagónicas da mesma realidade: para uns o monte é espazo de esparciamento e para os outros medio de vida, uns poñen as normas e outros teñen que cumprilas. Pois algo semellante ocorre a escala local, cando un concello aposta por una potenciación e desenvolvemento do seu principal referente urbano e esquecese do resto. A visión político-administrativa de que concentrar os servizos é o mellor xa que permite aforrar custos está ben, pero non é suficiente, máis aínda no caso galego, onde o poboamento é históricamente disperso e diseminado. As fórmulas a adoptar non son sinxelas, pero existen.

 

P-Vostede considera que Santa Comba perdeu peso con respecto a Negreira. ¿E así verdade?

R- Negreira veuse moi favorecida pola mellora das infraestructuras respecto a Santiago, sobre todo pola mellora da autovía Brión-Santiago, a cal posicionou a Negreira moi preto, en relación tempo, coa capital de Galicia. Nun contexto económico favorable, calquera traballador/cidadán de Santiago podía plantexarse vivir en Negreira a un prezo considerablemente menor ao prezo de Santiago e/ou Bertamiráns cando en realidade a diferenza en tempos de desprazamento diaria á cidade era moi reducida e os servizos básicos eran os mesmos. Pero ademáis, Negreira mellorou moito as comunicacións con todo o sector da Costa da Morte (LC-443), e co sector máis septentrional das Rías Baixas (Noia). Isto repercute ao final en que aínda que Santa Comba teña unha posición estratéxica privilexiada no mapa, como enganche entre a Costa e Santiago, é Negreira quen na realidade pasou a ocupar esa posición real nos últimos anos.

 

P- ¿Qué medidas inmediatas aconsella aos gobernantes municipais para poder fortalecer o papel do noso concello?

R- A forma de facer política nos próximos anos deberá cambiar sustancialmente. Ser político implicará ser bo xestor e ser bo xestor obligará a saber onde estás, quen eres, cales son os teus recursos, quenes son os teus veciños e cales son as túas posibilidades. Esta é unha perspectiva que nos últimos anos se perdeu, agudizada co problema dos localismos. Considerouse normal invertir o que non se tiña e o que non era económicamente viable, case sempre pola competencia de concellos similares que o así facían. É un modelo cortoplacista de desenvolvemento que nun momento adverso non ten futuro.

A solución é desenvolver, en primeira instancia, un plan estratéxico de actuacións políticas prioritarias. Claro, isto obliga a que o documento sexa revisado e actualizado constantemente, poñendo dacordo a todos os actores locais, debidamente representados. É un proceso costoso pero, posto en marcha da forma axeitada, levará a bos resultados. Máis aínda cando un concello o aplique e o resto dos do entorno non.

 

P- ¿Cree que unha oferta turística complementaria coa Costa da Morte e Compostela pode ser un revulsivo económico para Santa Comba?

R- Santa Comba é un espazo indefinido en materia turística. Moitas veces promocionase un espazo que nin ten unha infraestructura axeitada nin sabe ben que ofrecer. Santa Comba mantén una posición estratéxica respecto tanto a Santiago, un dos referentes do mundo cristiano que recibe varios millóns de turistas ao ano, e a Costa da Morte, un dos últimos espazos virxes da costa a nivel nacional con moitas posibilidades de ser explotada, máis (e mellor) aínda se se adoptan estratexias sustentables de desenvolvemento. Dito doutro xeito, Santa Comba é como aquel que ten un negocio ubicado nunha das mellores rúas e apenas ten clientes.

 

P- Segundo vostede Santa Comba debe de mirar o río Xallas, os seus montes, o seu patrimonio….¿Verdade?

R- Si. Aí entra en xogo o modelo de desenvolvemento local endóxeno. Estos últimos anos, todo o mundo tendeu á globalización, a cal presenta moitos aspectos positivos (e negativos). E case todo o mundo renunciou ás suas posibilidades propias (e considerablemente máis reais). O modelo de crecemento foi moi semellante en case todos os concellos de España e, sen embargo, non todos eran iguais. Cada un deles ten as súas potencialidades e deficiencias.

Moitos autores optaron entón por adoptar o concepto de “glocal” dentro das súas políticas, incidindo así nos aspectos diferenciadores propios como base para o seu desenvolvemento. Pois ben, Santa Comba é un concello que ten unhas potencialidades propias relacionadas cos aspectos comentados, abandonados á súa sorte a día de hoxe. A explotación forestal é cortoplacista totalmente, o río Xallas non ten ninguna importancia e o patrimonio está totalmente abandonado. É un pobre bagaxe asumindo que o río Xallas é un dos únicos do mundo que desemboca en fervenza ou de que os habitantes de Santa Comba son os descendentes máis xenuinos dos celtas en Galicia. Se alguén de fóra che pregunta que pode ver en Santa Comba relacionado con estos aspectos a resposta é nula.

 

P- Da a impresión de que as políticas do día a día e das medidas concretas non servirán para o futuro do concello, senón hai un plano estratéxico, un exercicio planificado. ¿É esta unha necesidade que deben de aportar os nosos gobernantes?

R- O plan estratéxico é un documento vital para o futuro de moitos concellos e administracións locais similares. Agora falase de concentración de concellos como medidas de aforro para o control de gasto público e para evitar redundancias de servizos e gastos. Pero no fondo, é una medida á desesperada. Que pase iso, ven a dicir de forma subliminar que non se gobernou de xeito eficiente ata o de agora.

Como en todo na vida, a xestión de servizos públicos necesita un orde e una planificación. Hai que gobernar en criterios de eficacia e eficiencia. Un plan estratéxico obliga á participación de todos os sectores e grupos sociais e a unha revisión contante de obxetivos a propostas. As decisións tomadas deben ser consensuadas e os éxitos compartidos. A política simplemente debe adoptar a decisión tomada dentro dos plans. Non debe extralimitarse a nada máis.