austin hernandez asina con representantes da federacion galega de caza e do club de pesca deportiva salmofoto: ana varela

A multa polos danos de Ferroatlántica destínase a actuacións no río Xallas.

A empresa Ferroatlántica tivo que abonar 265.000 euros polos danos no ecosistema do Xallas debido o baleirado do encoro de Fervenza no ano 2007. Agora a Xunta de Galicia decidiu que estes cartos se invistan en varias actuacións no río Xallas.

 

Deste xeito, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asinou un protocolo de colaboración coa Federación Galega de Pesca e co clube Salmo.

 

Segundo a Xuntade Galicia “As actuacións de orde biolóxico para a recuperación do ecosistema fluvial serán principalmente unha serie de estudos previos ao inicio da primeira tempada de pesca, xa realizados, tales como avaliación das poboacións de peixes, unha análise de presións antrópicas, unha análise socioeconómico do acoutado nas tempadas anteriores, un diagnóstico global, e a elaboración e redacción do plan de xestión do acoutado”.

 

A consellería apunta a que se fará un seguimento as distintas accións, establecerase un plan de vixiancia, sinalización informativa, e outras medidas.