!cid_AEDEF2D9-627E-4093-82D7-9B8760DB6AB0

Escola de Fútbol, Día da Bicicleta, Andaina popular, etc…

IMG-20120825-WA0005

ESCOLA DE FÚTBOL XALLAS DE SANTA COMBA

 

O multiusos xalleiro acolleu este pasado sábado 25 de agosto a presentación da  Escola de Fútbol Base do Xallas de Santa Comba. Desde a entidade explicaron que esta escola nace con vocación formativa de deportistas e persoas.

 

Nela participarán «nenos e nenas» de entre de 6 a 18 anos nas categorías prebenxamín, benxamín, infantil, cadete, e xuvenil. Xunto o equipo técnico contarán cos servizos dun pedagogo.

 

A Escola contará cun orzamento de 71.000 euros. Unha parte dos ingresos virán das cotas dos alumnos, que serán de 150 euros anuais. O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira expresou o «apoio condicional» do concello que se fará cargo do servizo de autobuses, colaborando cos medios e instalacións municipais.

 

diabicicleta2012

 

 

XV DÍA DA BICICLETA

 

En Santa Comba celebrouse a décimoquinta edición do Día da Bicicleta, que estivo acompañada polo bó tempo. Nesta cita participaron 170 persoas que realizaron un percorrido de máis de 31 quilómetros por distintas parroquias xalleiras. O traxecto iniciouse no Centro municipal de Cultura e rematouse na praia fluvial de Esmorode onde se celebrou un xantar de confraternidade.

 

No evento estiveron presentes o alcalde Antonio Landeira e o responsable de Deportes, José Pose Pazos. Desde a organización, que correspondeu a concellería de Deportes, entregaron un trofeo ao participante máis novo, un neno de sete meses de idade e ao máis veterano, un veciño de 68 anos.

 

DSC_0219

ANDAINA POPULAR

O vindeiro domingo celebrarase o día do sendeirista organizado pola asociación Camiño Vello e o concello de Santa Comba.

Máis info en www.santacomba.es

A esfera luminosa de Vilamaior

O Blog Crónicas Nerias adica un novo post a Santa Comba, neste caso a localidade de Vilamaior.

Enlace

http://www.cronicasnerias.blogspot.com.es/2012/08/la-bola-de-fuego-de-vilamaior.html

IMG-20120823-WA0002

Ponte do Ribeiro

O alcalde de Santa Comba, Antonio Landeira, e o concelleiro de Obras, Manuel Ferreiro comprobaron o remate do proxecto de ampliación da ponte do Ribeiro, na parroquia de San Cristovo de Mallón.As melloras, que contaron cun investimento de 55.000 euros, permitiron dar cumplimento a unha demanda veciñal. A ponte ampliouse nuns catro metros e tamén se melloraron os accesos.

 

 

SEGUENOS EN TWITTER  @anosacosta