Conversa na Encrucillada con Xoán Bascuas

0
770

 O secretario xeral de Compromiso por Galicia visita os estudios de Radio Xallas-Radio Obradoiro.

 

Xoves 12,15- Xosé M. Lema entrevista a Xoán Bascuas

 

 

O secretario xeral de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas estreará  o vindeiro xoves as  “Conversas na Encrucillada” en Radio Xallas- Radio Obradoiro. Trátase dun ciclo de entrevistas con persoeiros relevantes da sociedade galega que desfilarán por esta emisora.

 

Segundo fontes do programa “Na Encrucillada” este tipo de entrevistas “non teñen unha periodicidade fixa, e serán conversas especiais con convidados de relevancia que se acheguen aos nosos estudios”.

 

A gravación  desta primeira entrevista será este mércores. A entrevista que fará Xosé Manuel Lema a Xoán Bascuas emitiráse o xoves as 12,15h no 107.5FM, e tamén se emitirá pola internet e colgaráse o podcast nas redes sociais e no blog www.radioxallas.blospot.com

 

Xoán Carlos Bascuas é secretario xeral de Compromiso por Galicia e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Foi delegado provincial da Consellería de Vivenda no goberno bipartito da Xunta de Galicia, e candidato de CxG a presidencia da Xunta de Galicia.

 

 

SÉGUENOS EN TWITTER @anosacosta  @aencrucillada @xmlema  

 

 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí