O lume de Arcos acosou ó Monte Pindo

0
342

 Cincoenta hectáreas queimadas segundo a Xunta de Galicia.

 

 

As 19,30 deste serán a consellería do Medio Rural informaba que o incendio rexistrado na parroquia de Arcos(Mazaricos) permanecía activo a pesares de que “xa está estabilizado e sen chama”. Ata o momento queimáronse arredor de 50 hectáreas segundo fontes do goberno autonómico.

 

As labaradas chegaron moi preto do emblemático Monte Pindo. A ausencia de vento foi, ao parecer, un aliado para que o lume non se espallará máis. Na tarefas de extinción traballan  7 axentes forestais, 19 brigadas, 7 motobombas, 4 pás, 6 helicópteros e 4 avións. O incendio foi detectado ao mediodía e foi un directivo da asociación Monte Pindo Parque Natural o que dou a voz de alarma.

 

O incendio de Arcos sucede ao da parroquia de Nande(Laxe) que sí está controlado. Neste caso o lume arrasou 90 hectáreas, 60 de monte arborado(preferentemente de pino) e 30 de monte raso.

 

Desde UGT Galicia veñen de denunciar a “descoordinación total” do operativo contraincendios e a pouca eficacia dos grupos municipais.

 

 

 

 
FOTOS-MONTE PINDO PARQUE NATURAL 

DEIXA O TEU COMENTARIO

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí