Novas

Cabalgata de Reis 2017 en Santa Comba

Por o 4 Enero, 2017

Este xoves, as súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar estarán en Santa Comba. Nota de prensa Concello do concello de Santa Comba.

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Santa Comba acollerá este xoves 5 unha das cabalgatas de Reis máis significativas destas comarcas. A tradición e a colaboración de centos de veciños, moitos deles nenos e nenas, fai que a actividade da xornada da chegada das súas maxestades de Oriente sexa multitudinaria.

Este ano, a principal novidade desta xornada onde os xalleiros reciben aos reis é que haberá actividade deste primeira hora da tarde. Desde as 4 da tarde aproximadamente, comezará unha festa para tódolos públicos na praza do Campo da Feira. Deste modo, mentres o público espera a chegada dos magos, terá a posiblidade de divertirse con diiversos obradoiros infantís e un espectáculo novedoso, chamado “ Mixturas” do Show dos Paiasos, onde préto de 20 personaxes infantís desenvolverán unha actividade chea de cor, música, xogos e concursos.

Ás 18:30h, comezará o Desfile polas rúas das Carrozas engalanadas, do Carteiro real, dos 3 Reis magos, e a dos pequenos anxos que acompañarán o nacimento. As carrozas de Santa Comba son realmente espectaculares, instaladas en góndolas de máis de 10 metros de lonxitude, que se convirten el auténticos escenarios móbiles. Nas carrozas van representdos o nacemento de Xesús, os pastores de Belén, a cidade de Belén co seu castelo e diversos personaxes de época, os soldados e antorcheiros que as vixían, así ata casi 200 actores e actrices, na súa inmensa maioría, nenos e nenas xalleiros, custodiados por soldados romanos a cabalo.

Estas monumentais carrozas irán iluminadas, o que realza moitísimo máis a súa marcha. E por suposto levan caramelos. Moitos caramelos. Máis de 300 kg de caramelos se reparten durante os 2,5km de percorrido, a través das rúas Tomé Taboada, Alfonso Molina, Avenida de Brasil e Curros Enríquez, ata chegar ó Recinto feiral da Capital municipal.

Alí, as 19:30h aproximadamente, comezará a representación e Recreación Histórica do Nacemento de Xesús e da Adoración dos Reis nun decorado do Belén vivente instalado no recinto feiral duns 1.200m2, con música e luces que recrearán un gran teatro, onde os protagonistas seguirán sendo os nenos e nenas de Santa Comba. Logo de finalizar a recreación e tras as intervencións e saúdos dos reis e da Alcaldesa de Santa Comba, continuará a festa.
Ás 20:30h, e durante 3 horas, mentres os nenos recollen os agasallos dos Reis, terá lugar unha gran festa infantil con inchables.

En total, movilízanse máis de 200 figurantes da localidade que participan no desfile polas rúas e e no Belén vivinte.
300 kg de caramelos.1500 bolsas de lambetadas para os nenos.Cabalos, música, animación…

Comentarios

Comentarios

Un comentario

  1. thetrooper

    4 Enero, 2017 at 6:19 pm

    Volven a Santa Comba, Los Payasos de la Tele!!! . Volvemos a repetir cousiñas de tempos anteriores… A próxima actuación será de…

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.