Novas

Festa dos Maiores e Feira de Abril en Santa Comba

Por o 17 abril, 2017

Santa Comba acolle o vindeiro sábado dúas celebracións festivas.

 

 

 

O sábado Santa Comba está de festa. Por unha banda, o concello organiza a Festa dos Maiores no recinto feiral. As 13,30h haberá unha misa e unha hora máis tarde e despois do saúdo da alcaldesa María Pose, terá lugar o xantar, e como colofón un baile. As invitacións para asistir a esta festa poden recollerse no departamento de Servizos Sociais.

 

 

Feira de Abril

 

 

E o mesmo sábado a comisión de festas de San Pedro de Santa Comba volve organizar unha Feira de Abril na capital do Xallas. Serás desde as seis da tarde no Campo da Feira.Actuará Sandra Calderón e a Flamenco Band, e as bailarinas do grupo Triana.

 

Ademais haberá postos de comida, xogos populares infantís e un concurso para as persoas maiores.A festa continuará pola noite nos pubs xalleiros, que estarán engalanados para a ocasión.Colaboran coa comisión, o concello de Santa Comba e a asociación Arte-Sáns dá Cultura.

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.