Dúas citas gastronómicas para este domingo na comarca do Xallas.

 

O concello de Santa Comba celebra este domingo a poxa de xovencas de raza frisona, que se desenvolve desde as 11 da mañá no recinto feiral. Está prevista a asistencia da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que acompañará á alcaldesa, María Pose no evento.

 

Nesta ocasión a poxa contará cun reclamo gastronómico, unha degustación gratuita dun tenreiro frisón de 200 kilos, preparado polo cociñeiro vasco Karlos Ibarrondo, a partir das 14,00.

XX Bolo do Pote

 

E no campo da Feira da Picota(Mazaricos) desde as 13,00h terá lugar a degustación de bolos do pote. A música correrá por conta do grupo de gaitas O Verán e da charanga Os Jalácticos.Nesta xornada tamén se poderán degustar en seis establecementos hosteleiros da localidade, menús compostos por bolos do pote, cocido con grelos, postre, viño e café por 18 euros. Haberá unha exposición de coches mini e inchables.