Segunda edición de Xumagra en Mazaricos

Por o 3 julio, 2018

O 14 e 15 de xullo no multiusos da Picota.

A maquinaria agrícola volve ao Concello. Desta volta será o 14 e o 15 de xullo no multiusos da Picota. Así esta segunda edición da Xuntanza de Maquinaria Agrícola de Mazaricos (Xumagra) afonda na tradición agrogandeira do Concello.

 

Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro “esta convocatoria xa é unha parada indispensable cara o evento do ano no noso Concello, a Semana Gandeira”.

 

Sinal de consolidación de Xumagra

 

O coordinador da organización do evento, Benito Martínez afirma que “esta segunda edición é o sinal da consolidación de Xumagra. Mazaricos é un concello gandeiro, polo que este tipo de convocatorias son moi importantes para as persoas que se dedican a este negocio”.

 

Martínez subliñou que “virá unha boa cantidade de empresas profesionais da zona e tamén algunha doutras zonas tanto no caso da maquinaria como dos coches”. E é que as persoas visitantes tamén poderán atopar un novo utilitario grazas á sección de coches de ocasión que inclúe Xumagra.

 

Así, no exterior do multiusos poderanse contemplar os últimos modelos de máquinas das principais marcas. Tractores e apeiros de grandes dimensións en xeral estarán dispostas para quen desexe mercalas para facilitar traballos como recoller o millo ou a herba.Ademais haberá pulpeira e churrasco para quen queira rematar a xornada cun pequeno banquete.

 

Fonte-Concello de Mazaricos

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login