Falará xunto con Piñeiro Docampo, Bascuas, Ortúzar, Xuclá e Milagros Corral.

@xmlema

 

O secretario local e precandidato á alcaldía de Santa Comba, David Barbeira García, será unha das persoas que intervirán no acto político que celebrará Compromiso por Galicia, con motivo do Día Nacional de Galicia, no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela.

 

Convidados do PNV e do PDeCAT

 

Neste acto falará o presidente de Compromiso, Xoán Bascuas, a precandidata á alcaldía de Amoeiro, Milagros Corral, o presidente do PNV, Andoni Ortúzar, o coordinador do PDeCAT no Congreso, Jordi Xuclá e o secretario xeral de Compromiso, Juan Carlos Piñeiro Docampo. As intervencións comezarán as 13,30h.