O PSOE opina sobre as bonificacións do IBI do goberno de Santa Comba

Por o 12 octubre, 2018

Este xoves publicamos unha noticia sobre as bonificacións no I.B.I. de actividades agrarias do concello de Santa Comba. Desde o PSOE de Santa Comba achégannos este comunicado.

 

No ano 2016 o goberno do PP levou a cabo unha “regularización catastral”. Este proceso consistíu fundamentalmente en que se deron de alta no Imposto de Bens e Inmobles as instalacións agrarias que se catalogan como almacéns ou vivendas. É dicir, a consecuencia do catastrazo pasan a cobrar impostos por instalacións que ata o de agora estaban EXENTAS.

E que fixo ou noso goberno? O goberno municipal (PP + TEGA) por dúas ocasións votaron en contra da moción do Grupo Municipal Socialista na que se propuñan medidas para evitar que os nosos agricultores tiveran que pagar o catastrazo:

• Establecer o máximo permitido de bonificación do 95% da cuota íntegra do IBI para os bens inmobles nos cales se desenvolvan actividades agrícolas ou gandeiras.

• Para as explotacións agrícolas e gandeiras ó coeficiente de tributación a aplicar sobre o valor catastral será do 0,3%.
O Concello de Santa Comba, a consecuencia do catastrazo, recadou 400.000€ a maiores doutros anos; xa que como todos sabedes cobráronse con retroactividade os catro anos anteriores.

Pero ¿qué fixo o Concello con estes cartos?¿Máis servizos, mellores infraestruturas? ¿A onde foi parar o diñeiro? Como sempre o diñeiro foi para “tapar buracos”, que por desgraza no concello diso temos moito.

E agora dende que xa lle foron ao peto aos gandeiros e xa paparon os ingresos, véñennos co conto dunha bonificación para quedar ben e que non lles custe nada. Unha bonificación rogada, é dicir, previa declaración de utilidade polo Pleno, bonificando entre o 12,5% e o 50% da cota íntegra. Pero, sorprendentemente, “surtirá efecto a partir do período impositivo seguinte á presentación da solicitude”, é dicir, xusto cando xa non gobernen.

Vai ser que agora, a piques de rematar o mandato, éntralles “ansia viva” por defender aos gandeiros, benvidos despois de dúas negativas a aprobar bonificacions.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información