Este domingo no recinto polivalente da Picota.

O recinto polivalente da Picota acollerá este domingo a Poxa de Xovencas de raza frisona que organiza o concello e Africor.

Venderanse 24 exemplares de «calidade excelente» das seguintes ganderías: Avelino Castro, de Arzúa; Caramuxeiro, de Dumbría; Carreira de Colúns, de Mazaricos; Casa de Moreira, de Zas; Casiano, de Outes; Corna, de Santa Comba; Cunordam, de Zas; Nuveira, de Mazaricos; Granxa o Canteiro, de Vimianzo; Santa Cristina, de Curtis; SAT A Campa, de Curtis; SAT A Farrapa, de Negreira; SAT Pose e García, de Ponteceso e Vieites de Trazo.O ano pasado a vaca Megabimba acadou unha cotización de 3.650 euros.