Accidente na AC-400 na zona das Maroñas

Segundo informaron desde Axega 112, os Bombeiros de Santa Comba e os efectivos do GES de Muros liberaron, mediante o emprego do material de excarceración, a un home atrapado no interior dun vehículo que rematou fóra da vía.O accidente ocorreu na AC-400, concretamente no punto quilométrico 68, na parroquia das Maroñas, ao redor das 23:15 horas.

Trasladado en ambulancia

O 112 Galicia tivo constancia do sinistro a través dos servizos sanitarios. Acto seguido, o persoal do CIAE112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santa Comba, do GES de Muros, de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico.


Unha vez liberado, o varón foi trasladado nunha ambulancia ao centro hospitalario de referencia, en principio. con feridas leves

FOTOS-GES MUROS