O concello de Santa Comba lanza a convocatoria de 52 prazas en propiedade en base a Oferta Pública de Emprego que aprobou recentemente.

Hoxe publícanse as bases desta convocatoria que inclúe diferentes prazas de traballo entre as que destacan as de once peons do grumir, dazaoito traballadores da brigada de obras, cinco limpiadoras, varios auxiliares administrativos, subalternos, etc.

Na convocatoria hai dúas prazas de promoción interna.As bases poden consultarse no boletin oficial da provincia deste mércores 20 de febreiro. Hai vinte días de prazo para a presentación de solicitudes.