Santa Comba organiza a Nestlé Clásica Gandeira

Por o 16 abril, 2019

A primeira Edición da Nestlé Clásica Gandeira “ La Lechera” de Santa Comba celebrarase este domingo 21 de Abril cun novedoso percorrido coa gandeiría como nexo común.

A alcaldesa de Santa Comba María Pose e a Concelleira de Deportes Silvia Cancela presentaron na mañá de hoxe na SAT Os Agros de Alvarín- Alón a primeira edición da Carreira Pedreste Nestlé Clásica Gandeira La Lechera de Santa Comba que pretende unir o deporte do atletismo popular coa visibilización do sector que é o auténtico motor económico da Terra do Xallas, a gandeiría de producción láctea.

Na presentación tamén estiveron presentes Edis Estevez, do Xefe de Radio Leiteiro de Nestlé- La Lechera de Pontecesures e Ezequiel Mosquera, director deportivo da proba. A novedosa posta en escena da presentación, que se realizou nunha das estancias onde as vacas da explotación Os Agros se alimentan foi unha das apostas de singularidade da nova proba Xalleira.

Nas alocucións, a Concelleira Silvia Cancela resaltou a aposta municipal por un evento de primeiro nivel no mundo do atletismo en Galicia, e que para Santa Comba será unha proba de identidade propia, toda vez que a gandeiría é o sector que move todo o concello, e enfatizou a loita pola consolidación de un evento destas características.


Pola súa parte, Ezequiel Mosquera centrouse no apartado deportivo, resaltando a singularidade da proba, que incluso vai a atravesar unha explotación gandeira en pleno proceso de producción, ademáis de outras das parroquias de Santa Comba e Alón que lle dan unha personalidade moi propia ao percorrido.

Visibilidade de gandería

Desde Nestlé, Edis Estévez salientou que desde que o Concello de Santa Comba lle presentou un proxecto tan único e específico que relacionara o deporte e a gandeiría, apostaron por apoiar o evento, tendo en conta que a visibilidade da gandería de calidade da zona e o afán da proba en prestixiar ao productor desta terra, que é un dos obxectivos da súa marca, que recolle leite na zona para derivala en leite condensada da marca La Lechera, de primeira calidade e que chega a moitos recunchos do planeta.

Para pechar a presentación, a alcaldesa de Santa Comba María Pose quiso agradecer o esforzo da súa compañeira no goberno Municipal Silvia Cancela por apostar por eventos de primeira orde, o mesmo que agradeceu a disposición e ánimo de colaborar dunha marca como Nestlé, porque todos comparten a idea de dar a coñecer os grandes valores de Santa Comba, neste caso no deporte e na visibilidade do gran traballo dos gandeiros xalleiros: “Un evento que debe de consolidarse como propio e que a bo seguro nos fará sentir orgullosos” sinalou a alcaldesa.

A cita queda para este domingo 21 de Abril, con carreiras para nenos de diversas idades, unha proba de 3K aberta á participación a partir de 14 anos, e 10k máis singular de Galicia, a través dos campos onde se cultiva o alimento das vacas xalleiras.

Fonte- Concello de Santa Comba

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información