O candidato de Compromiso por Santa Comba á alcaldía de Santa Comba, David Barbeira, adiantou en Radio Xallas a listaxe de candidatos do seu partido. Compareceu nos estudios da emisora local acompañado pola secretaria local Montse Almozara e polos candidatos Marce Rivas e Samanta Varela.

David Barbeira dixo que tiña boas sensacións de cada aos comicios municipais, onde se presenta por primeira vez a formación galeguista. Séntese orgulloso de liderar a “un grupo de homes e mulleres extraordinario con ilusión e ganas de traballar por un proxecto que é o que necesita Santa Comba”

Candidatura de Compromiso por Santa Comba

A lista de CxG está formada por:

1- David Barbeira García (Castriz),

2-María Montserrat Almozara Cordeiro (Fontecada),

3- David Pereira Romar (Santa Comba),

4-María Isabel Bernárdez Barreiro (Freixeiro),

5-Marcelino Rivas Pombo (Montouto)

6-Samanta Varela Baña (Arantón)

7-Jaime Vilaboa Estévez (Fontecada)

8-Fernando Herminio García Rama (Bazar)

9-Balbina Gerpe Gesto (Arantón)

10-Manuel Varela García (Santa Sabiña) 1

1-Alejandro Velo Barcia (Montouto)

12-María Dolores Delgado García (Santa Comba)

13-Angel Cesáreo Ares García (Freixeiro)