Esta é a nota de prensa completa remitida polo PSOE

O Goberno Socialista de Santa Comba reúnese co presidente da Deputación, Valentín González Formoso

O tenente alcalde e cabeza dos PSdG de Santa Comba, José Antonio Ucha, xunto con tres dos concelleiros e membros do goberno, reuníronse este xoves 5 de decembro co presidente da Deputación Provincial de A Coruña, Valentín González Formoso. O motivo desta xuntanza foi a de celebrar un primeiro achegamento útil que «se foi retrasando» debido ás barreiras comunicativas entre os socios do actual goberno xalleiro.

José Antonio Ucha, acompañado por Cristina Fajín, Carlos Turnes e José María Espasandín, trataron xunto a Formoso diversos asuntos en materia de presupostos e subvencións. Outro dos puntos clave da axenda foi a proposta da celebración de grandes eventos e actividades no concello de cara ao ano 2020, que o partido avanzará «en canto estean garantizados».

O goberno socialista valorou esta primeira reunión como «moi positiva» e «nos mellores termos», dando pé a unha comunicación fluída no futuro cos representantes da Deputación, que «de seguro será beneficiosa» para a axilización de recursos necesarios para Santa Comba.