A xuntanza entre o Alcalde de Santa Comba David Barbeira e o Xefe Territorial de Enerxía e Minas Isidoro Martínez Arca foi moi positiva para a defensa dos intereses dos veciños xalleiros, á espera da declaración de impacto ambiental do parque eólico de Monte Toural.

O alcalde de Santa Comba David Barbeira segue no esforzo de tentar preservar o entorno da Fervenza de Castriz e da parroquia dun macro parque eólico que condicione a vida dos veciños da zona e dun territortio de grande riqueza medioambiental e dun notable potencial turístico.

Así llo fixo ver nunha xuntanza na Coruña ao Xefe territorial de Enerxía e Minas, Isidoro Martínez, que lle tendiu a man para presentar un informe de carácter medioambiental e turístico que se valoraría antes da emisión dos informes definitivos de impacto ambiental por parte da Cosellería de Medioambiente.

Barbeira doulle a coñecer ao Xefe Territorial a grande riqueza en canto a flora e a fauna dun espazo con humedais a carón do Río Mira, no que ademáis está un dos motores turísticos da Terra do Xallas, o entorno Fluvial da Fervenza de Castriz.

A singularidade da flora queda aínda máis patente coa presenxza dunha planta única no mundo, a pequena «Centaurea Ultreiae», a que os seus pouco máis de 6000 exemplares coñecidos están nunha pequena área das terras que unen Monte Castelo e Monte Toural, nas parroquias xalleiras de Bazar e Castriz, e que según os estudos, incluidos os da propia Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia está declarada » en perigo de extinción».

De se instalaren novos parques eólicos nesta zona a Centaurea Ultreiae, coa modificación máis que evidente destes territorios e hábitats esta planta desaparecería case definitivamente e outras plantas e animais veríanse seriamente ameazados.

David Barbeira transmitiu tamén a Martínez Arca a aposta municipal e social polo turismo de natureza, do que a fervenza de Castriz é un gran atractivo para veciños e visitantes, e que de se instalaren os aeroxeneradores de 180m proxectados para monte Toural, Campelo e Bustelo, dous deles a apenas 400 metros en liña recta da fervenza, practicamente cortaría de raíz a beleza natural deses paraxes.

A receptividade ás propostas do alcalde de Santa Comba por parte de Xefe Territorial de Enerxía e minas foi máxima, e instou a que se poidera presentar un informe sobre estas singularidades ambientais e turísticas que aportar ao expediente, e que analizaría en profundidade para avanzar ou non nos trámites dos permisos para os parques eólicos.

Durante estas datas, técnicos municipais elaboraron un completo informe medioambiental e turístico de defende ese territorio en base as súas singularidades de flora e fauna e que insta a que se preserve sin inxerencias externas da gravidade dun macro- parque eólico.

Nota de prensa do concello de Santa Comba