• Cristóbal Mourín-

Celebrábase a festa do Carme. O grupo de gaitas “Santa Combers”, da asociación “Axio Mouro”, puxo a nota musical na parroquia de Montouto, onde tódolos anos se celebra unha festa na contorna da capela situada en Bustelo.


A nova situación non impediu que estes mozos encheran de música a parroquia. O que non se imaxinaban é que despois do seu percorrido terían que acabar loitando contra o lume.


Porque se decretou un incendio nas proximidades do templo xalleiro. Os gaiteiros, apoiados por varios veciños, traballaron intensamente para evitar que o lume se propagara. Unha meritoria acción sen ningunha dúbida.


Despois, os efectivos de Protección Civil de Santa Comba, cunha motobomba, lograron sufocar o lume.