O alcalde de Santa Comba utilizou os micrófonos de Radio Xallas para lanzar unha mensaxe, que reiterou en varias ocasións.En Santa Comba hai seguridade e cúmprense as normas sanitarias.

Destacou o excelente comportamento dos veciños e pediu apoio para o sector do comercio, que está seguindo “a rajatabla” as indicacións e que, neste momento, necesita axuda.

Pediu á xente “que non marche a outros concellos, que non están dando información pero que poden estar peor que Santa Comba”.

O alcalde aconsella ”saír con precaución e cautela” pero confirmou que “a xente pode asistir aos comercios de Santa Comba sen ningún tipo de problemas porque se cumpren as medidas de seguridade”.

Foto-arquivo