Accidente en Mazaricos. Ocorreu ás 7:30 horas en Mazaricos, onde o único ocupante dun turismo perdeu a vida despois de bater contra unha máquina agrícola. Foi unha persoa particular quen deu a voz alarma a través da súa chamada ao 112 Galicia, na que indicaba que a vítima estaba posiblemente atrapada no interior do seu vehículo. Así, pois, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros do Xallas para liberar á persoa, xa falecida.

En canto á persoa que manexaba a máquina agrícola, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou que resultou ilesa.

Neste operativo actuaron tamén os membros do GES de Muros en colaboración cos bombeiros do parque de Santa Comba, e, ao lugar do accidente, que se produciu na estrada da Picota a Punta Olveira, en Zanfoga, acudiu unha patrulla da Garda Civil de Tráfico co fin de coñecer todos os detalles do accidente.

Cómpre indicar que a persoa que alertou do sinistro a través do 112 Galicia asegurou que o vehículo bateu por alcance coa máquina agrícola.

Info- Axega 112