Chegados desde distintos puntos de Galicia.

 

Contra as dez da mañá de onte e tras a saúda do alcalde, Juan José Blanco Riveiro, os ciclistas congregados no Campo da Picota poñíanse en marcha cara o Monte da Ruña, previo paso por Coiro e Figueira. A xornada estivo marcada pola ausencia de accidentes, o número de asistentes – máis de 400 – e a maxestuosidade da paisaxe.

 

As persoas asistentes achegáronse a Mazaricos desde diversos puntos da xeografía galega: Viveiro, Lugo, Outes, Santiago, Silleda ou Vigo. A ruta levounos dos montes da Ruña ao Aro, os dous puntos máis elevados do Concello e dos que se pode gozar dunha vista privilexiada da comarca e o encoro da Fervenza. Por outra banda, as persoas acompañantes puideron facer unha ruta similar en bus para coñecer Mazaricos.

 

 

O responsable de deportes do Concello, Nito Estalote, afirmou estar satisfeito porque “non houbo accidentes”. Tamén sinalou que “o que máis lles gustou aos participantes foron as vistas e a boa disposición dos puntos de avituallamiento”. Os ciclistas máis veloces completaron o percorrido nunhas dúas horas.

 

 

Ao rematar puideron disfrutar de menús especiais nos restaurantes do Concello grazas á colaboración dos hostaleiros do municipio. Tanto polos seus números como polo tipo de ruta, a BTT de Mazaricos consolídase como unha cita a nivel galego para os amantes deste deporte.

 

 

Nota de prensa do concello de Mazaricos