Colisión entro dous turismos en Eirón. Informa Axega 112

Unha persoa resultou ferida esta tarde despois de producirse un choque entre dous turismos.O accidente ocorreu pasados uns minutos das 17:30 horas desta tarde, entre o punto quilométrico 70-71 da AC-400, no lugar de San Fins de Eirón.

 

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Santa Comba, que nada mais chegar, confirmaron que ningún dos ocupantes precisaba ser liberado do interior dos turismos. Só un deles resultou ferido. Con todo, non parecía revestir gravidade.

 

Aceite na calzada

 

O persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE), tras recibir a chamada do alertante, puxo os feitos en coñecemento ademais dos membros do parque comarcal, do 061-Urxencias Sanitarias e do GES de Muros. Tamén, solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e dos efectivos de Protección da localidade.

 

Debido ao impacto, quedou moito aceite -procedente dos vehículos sinistrados- derramado pola calzada, por iso, tamén foi precisa a intervención do persoal do servizo de mantemento da vía.