O concello de Mazaricos promove melloras no centro de saúde

Por o 23 abril, 2018

Críticas do alcalde á Xunta:“En dous meses pedindo unha entrevista para tratar este tema e nin sequera nos contestaron”

 

A penosa situación do centro de saúde de Mazaricos encontrou unha solución, segundo o anuncio feito polo goberno local, que se fará cargo dos custes da obra de renovación da cuberta e da reparación dos desperfectos internos.

 

Todo isto despois duns meses de certa polémica. E aínda que haberá un investimento que roldará os 60.000 euros, desde o concello non aforran críticas novamente contra a consellería de Sanidade, que non ofreceu “ningún tipo de resposta”.“En dous meses pedindo unha entrevista para tratar este tema e nin sequera nos contestaron” afirma o alcalde Juan Blanco que pensa que o goberno galego “despreza á veciñanza de Mazaricos”.

 

Un dereito da veciñanza de Mazaricos

 

Para Blanco Riveiro “cando desde a Xunta falan de fixar poboación no rural é papel mollado porque despois non poñen os medios económicos e estruturais para que as persoas que viven nel teñan uns servizos sanitarios e sociais adecuados e son estes os motivos que provocan a dispersión á vilas periurbanas ou ás cidades”.

 

Desde o executivo de Mazaricos que este investimento será “ o unico xeito de frear o deterioro do inmoble” e de “lograr que a veciñanza reciba un dereito como é a atención sanitaria nunhas condicións boas e non como as actuais que son pésimas”.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login