III Raid ecuestre do concello de Mazaricos

Por o 2 octubre, 2018

Este vindeiro sábado 6 de outubro no concello de Mazaricos.

O vindeiro sábado, 6 de outubro, ás nove da mañá os xinetes volverán percorrer os camiños de Mazaricos. A terceira edición do Raid Ecuestre volve ao Concello. De novo as persoas curiosas poderán achegarse ao multiusos da Picota a contemplar o uso da auga e as masaxes dispensadas aos equinos para rebaixar as súas pulsacións. A proba puntúa para a Copa Federación Hípica Galega.

Velocidade, habilidade e resistencia física e psicolóxica

O raid ecuestre é unha disciplina na cal se pon a proba a velocidade, habilidade e a resistencia física e psicolóxica de cabalo e xinete, xa que ambos deben percorrer grandes distancias nun día, a través dos máis diversos terreos e contra o tempo.

Para o anterior o xinete debe ter a capacidade de dosificar o esforzo do seu cabalo e levar un ritmo adecuado durante a proba, ao finalizar unha carreira ao cabalo tómanselle as pulsacións e se están sobre o permitido, o xinete é eliminado.

 

Fonte- Concello de Mazaricos

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información