Brinde con esencia en Mazaricos

Por o 26 diciembre, 2018

O Concello sortea unha fin de semana de turismo con todos os gastos pagados.

 

O 31 de decembro ás 16.45h na Casa da Cultura de Mazaricos volverase brindar con leite. É a cuarta convocatoria deste acto que irá precedido pola Carreira do Leite (San Silvestre) na que aínda hai prazo para anotarse no 981 86 71 09.

O alcalde, Juan José Blanco Riveiro explica que “despedimos o ano brindando con leite para homenaxear a vocación agrogandeira do Concello e para continuar a demostrar orgullo do noso”.

Pasa o Nadal en MZ

Por outra banda, o Concello ten en marcha a campaña “Pasa o Nadal en MZ”. Nela sortearase unha fin de semana de turismo a gastos pagos no Concello que inclúe os seguintes establecementos:

-Aloxamento Apartamentos Casa Chelo con almorzo.

-Aloxamento Apartamentos Camino Finisterre con almorzo.

-Comida/cea Casa Pego.

-Comida/cea Parrillada California.

-Comida/cea Asador Manduca.

-Comida/cea Parrillada Liverpool.

-Comida casa Barallas.

-Comida/cea EFE-EME

Para participar nela as persoas interesadas deben fotografiarse co Belén de eucalipto instalado enfronte do Concello e subir a foto ás súas redes cos hashtags #nadalmz e #mazaricos. Logo farase un sorteo entre todas as presentadas. Paralelamente, tamén está a funcionar a campaña de comercio local.

As persoas que merquen nos establecementos da vila recibirán rifas de balde polas que entrarán nun sorteo de 10 vales de 50€ para gastar en negocios de Mazaricos.

O 5 de xaneiro volverá a tractorgata na que as Súas Maxestades tirarán caramelos desde tractores antes de atender ás nenas e nenos na Casa de Cultura.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información