Novas

Noticias Costa da Morte.Mércores 4 de outubro

Por o 4 octubre, 2017

Noticias de Dumbría, Santa Comba, e do GDR Costa da Morte.

 

Exposición dos camiños da concentración de Arantón e Santa Sabiña

 

O xefe provincial de Medio Rural, Manuel Rodríguez, participou xunto coa alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e técnicos da Xunta no acto de presentación do proxecto de deseño da nova rede viaria da concentración parcelaria de Arantón e Santa Sabiña. No documento recóllense os camiños planificados por mor da citada actuación.

 

A reunión tivo lugar na escola de Guldrís. Neste local e na Casa da Cultura xalleira estará exposto durante trinta días o proxecto para consultas e posibles alegacións.

Presentación de “Escapados”

 

A biblioteca municipal do concello de Santa Comba acolle o vindeiro domingo a presentación do libro “Escapados” da veciña de Mazaricos, María del Carmen Rey Núñez. O acto comenzará ás 18h. Xunto coa autora estará a alcaldesa de Santa Comba, María Pose e Xan Ramos. Ademais actuará Yasmina do Campo.

Senda peonil en Olveira

 

A poboación de Olveira, no concello de Dumbría, contará cunha senda peonil que se inclúe no proxecto de mellora da seguridade viaria da DP-3404 entre Serra de Outes e Dumbría.

 

A Deputación provincial destina uns 462.313 euros para este novo sendeiro de dous metros de ancho, de formigón e pavimento armado de 15 centímetros de espesor, que se completará con lousas de granito para a separación entre a senda e a beiravía, e a mellora da rede de pluviais e do alumeado público.

 

Olveira e un punto importante de paso xa que está no treito do camiño de Fisterra e Muxía.

 

Novas axudas de Costa da Morte GDR

 

A Xunta Directiva da asociación Costa da Morte GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada onte, 02 de outubro, revisou as solicitudes de axuda presentadas ata o 31/05/2017 ao Programa Leader 2014-2020 polas entidades públicas locais, e tomou os seguintes acordos:

 

Proxectos Non Produtivos Seleccionados:

1.- Aula Gastronómica de Mazaricos, en A Picota. Promotor Concello de Mazaricos. O orzamento ascende a 43.548,77€, e o importe da axuda sitúase nos 37.626,14€.

2.- Homologación aula para certificado de profesionalidade en traballos de carpintería e moble, en O Cruceiro – Anos. Promotor Concello de Cabana de Bergantiños. O orzamento ascende a 51.728,77€, e o importe da axuda sitúase nos 38.000,00€.

3.- Mellora da Eficiencia Enerxética da iluminación dos parques públicos “Maximino Canedo” e “O Recreo” do Concello de Laracha. Promotor Concello de A Laracha. O orzamento ascende a 38.962,00€, e o importe da axuda sitúase nos 29.455,27€.

4.- Área Recreativa – Deportiva e Parque Temporal de Maquinaria Agrícola, en Hermedesuxo de Abaixo – Duio. Promotor Concello de Fisterra. O orzamento ascende a 45.000,00€, e o importe da axuda sitúase nos 19.620,00€.

 

 

 

 

 

Comentarios

Comentarios