Novas

Compromiso comeza a súa singladura en Santa Comba

Por o 7 octubre, 2017

David Barbeira ofrécese a traballar conxuntamente coas demais formacións políticas pero pide respecto e que deixen traballar a Compromiso.

 

O secretario local de Compromiso por Santa Comba anunciou, na presentación da agrupación local celebrada este venres na Casa do Pozo xalleiro, que dentro da súa vontade propositiva a partir da vindeira semana “contactarán “coas forzas políticas para brindarlles o noso apoio para sacar adiante cousas boas para Santa Comba”.

 

David Barbeira pediu “respecto e que nos deixen traballar” neste novo proxecto e ofreceu “palabra, honradez e traballo”.Nesta presentación tamén interviron o secretario xeral de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro Docampo, o portavoz de CxG A Baña, César Ramos e a secretaria local de comunicación, Esperanza Velo. Todos animaron a Barbeira diante deste novo reto.

 

Compromiso por Galicia nas pasadas eleccións presentou candidaturas nos concellos de Carballo, Coristanco, Vimianzo e Mazaricos. En ningún dos municipios obtivo representación. Onde conta cun representante é no concello da Baña, na comarca de Barcala.

 

Comentarios

Comentarios