Fontenla acolle a presentación da selección sub-15 da Costa da Morte

Por o 17 octubre, 2017

Presentación de seleccionadores sub-12 e sub-15 en Santa Comba.

 

O campo de fútbol de Fontenla acolle este vindeiro xoves 19 de outubro o acto de presentación dos seleccionadores da Costa da Morte das seleccións sub-12 e sub-15 que por primeira vez participarán no torneo de combinados comarcais que organiza a Federación Galega de Fútbol.

 

A partir das 7 da tarde tamén se presentará á selección sub-15 que realizará neste campo o seu primeiro adestramento. Está prevista a asistencia do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

 

O concello de Santa Comba cedeu as instalacións para este acto, no que tamén colabora o Xallas F.C..

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login