Santa Comba puxo en marcha o comedor sobre rodas

Por o 6 diciembre, 2017

O comedor sobre rodas de Santa Comba botou a andar esta semana.

 

O concello de Santa Comba puxo en marcha esta semana o servizo do “Comedor sobre rodas”, coordinado polo departamento de Servizos Sociais e que pretende mellorar a calidade de vida das persoas maiores ou con minusvalías.

 

O servizo comezou atendendo a seis persoas que xa eran usuarias do servizo de axuda no fogar do concello.

 

 

Inscrición aberta nos Servizos Sociais

 

A inscrición está aberta para os veciños e veciñas que cumpran os requisitos aprobados na ordenanza reguladora, que poden contactar cos Servizos Sociais municipais (981.10.43.09) que son os que valoran a prestación dun servizo, que tamén se pode realizar con carácter temporal ou ante situacións de emerxencia concretas.

 

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, e a concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín, comprobaron o funcionamento do Comedor sobre Rodas e non ocultaron a súa “enorme satisfacción” porque “despois de tantos anos poidamos botar a andar un servizo moi importante para veciños que o necesitan e que son unha prioridade absoluta para este goberno”.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login