“A igualdade de xénero fai unha Europa mellor” en Santa Comba

Por o 20 febrero, 2018

O concello de Santa Comba participa no programa “Europa cos Cidadáns”.

 

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, mantivo un encontro coa directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cecilia Vázquez Suárez, para tratar sobre o programa “Europa cos Cidadáns” no que tamén participan os concellos de A Baña a Padrón.

 

Xornadas en Santa Comba

 

O concello de Santa Comba promove unhas xornadas denominadas “A igualdade de xénero fai unha Europa mellor” que se desenvolverán entre o 28 de maio e o 3 de xuño, coa participación de 45 mozos de concellos de Eslovaquia, Italia, Portugal e Grecia.

 

Entre outras actividades realizaranse conferencias, reunións e obradoiros nos que se reflexionarán sobre as medidas para a igualdade de xénero que existen hoxe en día nos diferentes municipios, rexións e países. O obxectivo deste encontro é promover estratexias e enfoques innovadores para abordar as cuestións prioritarias no contexto da igualdade de oportunidades.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login