Compromiso pide medidas de seguridade no cruce de Santa Catalina

Por o 8 marzo, 2018

Lembra que presentou un escrito nas dependencias municipais fai dous meses.

 

O secretario local de Compromiso por Galicia en Santa Comba, David Barbeira, insistiu en demandar medidas de seguridade no cruce de Santa Catalina despois do accidente que tivo lugar este pasado mércores.

 

Barbeira lembra que presentou un escrito fai máis de dous meses e lamenta que “os nosos gobernantes non fan caso ningún, pois no día de onte tivemos que lamentar outro accidente neste mesmo sitio e así seguirá sendo se non se toman as medidas necesarias”.

 

Diálogo entre forzas políticas de Santa Comba

 

Desde Compromiso pensan que se trata de “vontade política” e aseguran que o goberno local ten responsabilidade neste asunto:”Non nos vale que digades o típico (iso non é competencia nosa), xa que vós sodes os nosos representantes e polo tanto é a vosa obrigación darlle unha solución”.

 

David Barbeira considera prioritario o diálogo entre as forzas políticas como “única maneira de cambiar o destino do noso concello”.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información