Daniel Asorey presenta “Nordeste” en Santa Comba

Por o 14 marzo, 2018

Será o venres 16 de marzo ás 20:00 horas na libraría LER de Santa Comba.

O BNG e Galiza Nova organizan un acto público para a presentación da novela “Nordeste” de Daniel Asorey Vidal. Será o venres 16 de marzo ás 20:00 horas na libraría LER de Santa Comba, enmarcada na programación do Día Internacional das Mulleres.

 

Daniel Asorey (Compostela, 1970) é profesor no ensino medio e publicou relatos e colaboracións en libros de texto. Gañou o Certame de Relato Curto Cidade Vella (1988) e o Premio de Narración Curta no Certame Literario e de Investigación Terra de Melide (2001). En 2002 gañou o certame Manuel Murguía de narracións breves con “Soñar pedras con fútbol”. En 2016 gañou o Premio Narrativa Breve Repsol coa obra “Nordeste”, que se presenta en Santa Comba.

 

Nordeste, unha novela feminista

 

“Nordeste” é unha novela sobre unha república galega nacida da Revolta Irmandiña. A obra, de pegada feminista, é protagonizada por tres mulleres e discorre entre o nordeste de Brasil e unha Galiza que posúe a Compañía Galega de Indias, cuxos barcos chegan por mar ata Compostela.

 

Con esta actividade, o BNG e Galiza Nova pretenden achegar o pensamento feminista á mocidade mediante a literatura e o coñecemento das relacións históricas entre Galiza e Brasil que se describen na publicación.

 

Fonte-Nota de prensa do BNG

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información