Visitas teatralizadas en Santa Comba.

Os alumnos do Obradoiro de emprego Proturismo2017 levarán a cabo visitas guiadas individuais e grupais polo Museo Terra do Xallas cunha versión teatralizada que contará a historia do Pazo de Santiso e dos elementos que alberga “a través da narración en primeira persoa de personaxes de distintas épocas”.

 

Estas visitas están programadas para os próximos 26, 27 e 28 de marzo ás 11:30 h na Casa do Pozo. Os interesados nesta actividade que precisen máis información poderán poñerse en contacto a través do teléfono 663202251 ou a través do enderezo electrónico proturismo.terradoxallas@gmail.com.

 

Nestas dependencias está en funcionamento un punto de información turística, coordinado por este obradoiro de emprego.