Iniciáronse as obras do treito entre o Polígono e Abuín que rematarán no 2019

Por o 6 junio, 2018

Visita da conselleira de Infraestruturas a Santa Comba.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, supervisou hoxe o inicio das obras da 1ª fase de acondicionamento da estrada entre Portomouro e Santa Comba, entre Abuín e o parque empresarial, cun orzamento de 4,3 millóns de euros e cuxo remate se prevé antes de finais de 2019.

 

Vázquez Mourelle explicou que os traballos consisten na execución dun trazado alternativo á actual estrada que evite o paso pola travesía do núcleo de Salgueiroas. Indicou que esta vía retirará o tráfico do núcleo de poboación e propiciará maior comodidade nos desprazamentos e unha redución nos tempos de percorrido.

 

A nova infraestrutura terá carrís de 3,5 metros de ancho, ademais das beiravías, e contará con dúas interseccións, unha semiglorieta para conectar un núcleo de poboación coa variante e unha rotonda no punto final da actuación, que dará acceso ao parque empresarial de Santa Comba. Tamén se construirán dous pasos inferiores e un viaduto, ademais de camiños de servizo para garantir os accesos existentes.

 

 

Treito Abuín-Faílde

 

Ethel Vázquez adiantou que non remata aquí a aposta do Goberno galego pola mellora das comunicacións de Santa Comba e do seu ámbito de influencia, polo que este verán estará contratada a redacción do proxecto da segunda fase da mellora da estrada, entre Abuín e Faílde.

 

Lembrou que están case rematados os reforzos de firme en estradas da comarca, entre elas nesta mesma. Engadiu que son actuacións que se enmarcan no obxectivo prioritario de conservar a rede autonómica en óptimas condicións, cun investimento de 400.000 euros en Santa Comba.

 

Recordou outra actuación xa avanzada como a Variante de Aradas, que aínda que se desenvolve no termo municipal de Santiago, suporá unha mellora nas comunicacións dos veciños de Santa Comba coa capital de Galicia cara ás zonas industriais, as ás vías situadas ao leste da cidade, como a AP-9, ou na conexión co aeroporto.

 

Declaracións da alcaldesa María Pose

 

Fonte-Xunta de Galicia

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información