Éxito de Xumagra que se consolida
Juan Blanco:“Esta é a edición na que a feira xa quedou consolidada, nos vindeiros anos traballaremos para continuar a medrar”.
Máis de medio milleiro de persoas achegáronse ao multiusos da Picota esta fin de semana para visitar na segunda edición de Xumagra a feira de maquinaria agrícola e coches de ocasión de Mazaricos.
O alcalde, Juan José Blanco dixo estar “satisfeito”.
“Esta é a edición na que a feira xa quedou consolidada, nos vindeiros anos traballaremos para continuar a medrar”. O coordinador, Benito Martínez afirmou que no recinto congregáronse “as máquinas máis modernas que se poden atopar no mercado”.A xoia da coroa foi un Warrior 9340 da marca Deutz Fahr.
O tractor ten unha potencia de 340 cabalos e unha cabina que parece traída do futuro. O mellor é que queda en Mazaricos porque foi adquirido pola cooperativa de Busto-Corzón que o incorporará á súa flota.
Tamén pecharon diversas operacións os concesionarios da zona que traían grandes marcas como Mercedes, Audi ou BMW.
Fonte- Nota de prensa do concello de Mazaricos
Debes estar registrado para comentar Login