Unha praza na memoria de Ignacio Pensado

Por o 19 diciembre, 2018

 

A nova praza de Santa Comba levará a nome de Ignacio Pensado Plágaro desde o vindeiro sábado. Ese día descubrirase unha placa nesta praza da zona do antigo mercado ás 13h, e posteriormente haberá un acto oficial na Casa do Pozo, onde intervirá a alcaldesa María Pose, entre outras persoas.Deste xeito cúmprese un acordo da corporación local que dou resposta a unha demanda veciñal.

 

Unha década do pasamento de Ignacio Pensado

 

Ignacio Pensado Plágaro faleceu fai unha década (en abril de 2008) e destacou polo seu traballo na Irmandande de Labradores, e na Axencia de Extensión Agraria xalleira. De feito recibiu, en vida, unha homenaxe popular en Santa Comba a que asistiron varios centos de veciños. Anos despois do seu pasamento máis de 2.200 persoas asinaron a petición dun recoñecemento.

 

Pensado tamén formou parte da corporación municipal de Santa Comba e colaborou activamente con distintas entidades deportivas e sociais.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información