A Conselleira de Política Social visitou Santa Comba

Por o 6 febrero, 2019

Demostración de Cachibol, e visita ao Centro de Atención Temperá e a Escola Infantil

A Conselleira de Política Social, Fabiola García, realizou unha visita ao concello de Santa Comba, acompañada pola directora xeral de Familia e Inclusión Social, Amparo González, a alcaldesa María Pose e a concelleira de Servizos Sociais, Esther Espasandín.

Iniciou o seu percorrido no pavillón de deportes de Fontela onde asistiu a unha demostración de Cachibol. Despois na Casa da Cultura, comprobou a actividade do Centro de Atención Temperá xalleiro, lembrando que a Rede Galega de Atención temperá multiplicou por seis a súa extensión desde 2009, ata dar cobertura na actualidade a 92 concellos.

Escola infantil de Santa Comba

Fabiola García recordou que en Santa Comba as nais e pais tiñan que percorrer moitos quilómetros para desfrutar deste recurso, pero o compromiso da Xunta de Galicia impulsou a apertura no propio concello dunha unidade, que tamén puido visitar e na que na actualidade atende a 20 cativas e cativos.

Por último, Fabiola García tamén tivo a oportunidade de acudir á escola infantil do municipio. Neste centro puido comprobar de primeira man as diferentes melloras que se realizaron gracias ás achegas da Administración autonómica. Unha axuda que no que levamos de lexislatura ascende a 123.000 euros. Con este importe, o Concello de Santa Comba puido poñer unha cuberta no patio do centro, realizar obras na estrutura e comprar material mobiliario e de xogo.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información